13 Dec
13Dec

Decembro 2024 

Coa execución das obras da intermodal na contorna da estación do camiño de ferro, é normal que moitos lucenses nos fagamos de novo esta pregunta. 

Temos unha estación de autobuses no centro urbano, próxima aos centros administrativos e sanitarios aos que vén a xente de fóra da cidade a facer as súas xestións: Concello, Deputación, Sergas, multiusos da Xunta e zona escolar. A súa actual ubicación resulta especialmente adecuada tendo en conta circunstancias como pode ser o envellecemento da poboación da provincia, á que lle pode costar tempo e cartos ter que coller un autobús ou un taxi para chegar ao centro urbano e realizar as xestións que vén solucionar. 

Aos membros desta plataforma de opinión interésanos coñecer que usos se quere dar aos terreos e ao edificio actual? Porque queremos que os terreos e o edificio estean ao servizo da sociedade lucense e non de grupos especuladores. 

Chegan tamén á estación de autobuses actual mozas e mozos estudantes de Bacharelato ou a Universidade. Veñen todos os días dende concellos próximos; non é o mesmo chegar á praza da Constitución que a do Conde de Fontao e desprazarse despois ata os institutos ou, peor aínda, ata o campus universitario. Hai outra circunstancia que tamén é necesario analizar e que resumimos nesta pregunta: na cidade de Lugo, vanse incrementar nos anos próximos o número de trens que por ela pasan ou pola contra co paso dos anos, como ata agora acontece,, imos ter unha conexión cada vez peor co resto do territorio do Estado? En Lugo a Debate consideramos que vai acontecer o segundo suposto e, polo tanto, cabe sospeitar, coñecendo a historia recente de Lugo, que o único fin que se quere acadar coa intermodal é levar a estación de autobuses a outro lugar e liberar un terreo propicio para a especulación inmobiliaria. 

Non queremos deixar de resaltar que a Administración, en xeral, e sinaladamente o Concello, parece que dende hai anos, e pode ser tamén resultado da falla dunha oposición política real, está en disposición de gastar parte do orzamento en investimentos dos que ninguén coñece o seu rendemento. É, por poñer un exemplo, o caso do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), tan infrautilizado que ninguén consegue entender para que se construíu. 

O mesmo acontece co moi "ecolóxico" edificio levantado, en gran parte con madeira, na Garaballa, pechado e sen utilización coñecida. O grupo Lugo Debate quere coñecer a opinión dos lucenses sobre o futuro do edificio da actual estación de autobuses de Lugo e dos seus terreos. Cremos que é un tema relevante que merece un amplo debate público. E dende este blog, Debater en Lugo, queremos fomentar ese debate. Porque cremos que a sociedade ten que recuperar a súa participación activa na toma de decisións sobre o futuro de Lugo. 


Opiniones 

Una propuesta para huir de las edificaciones

Mi sugerencia es la de construir un aparcamiento subterráneo, lo cual implicaría una excavación que significaría la posibilidad de modificar la rasante. Esto permitirá establecer o edificar un jardín de los denominados de bolsillo, que constituyen espacios de esparcimiento y ocio muy tranquilos alejados de los efectos negativos del tráfico, del ruido y de la contaminación. Con apenas “sumergir” estos espacios unos pocos metros y dotándolos de la vegetación adecuada constituyen unos lugares perfectos para la estancia de personas mayores y madres con sus pequeños. Estos sitios han dado un resultado excelente en Nueva York y la rentabilidad del aparcamiento permite que la urbanización y tratamiento de la superficie resulte económica.

Comentarios
* No se publicará la dirección de correo electrónico en el sitio web.